Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 27 Abril 2024.

CCOO denuncia o despedimento «ilegal» de falsos autónomos que traballaban para Coren, Frigolouro, SADA e Novafrigsa

  • A Inspección de Traballo, após constatar a fraude de Servicarne, instara a dar de alta estas persoas no réxime xeral da seguridade social
  • CCOO organiza asembleas informativas para explicarlle a este colectivo cales son os seus dereitos, entre os cales está a reclamación dos custos que lles supuxo seren falsos autónomos

A Federación de Industria de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) denunciou o luns en Ourense o despedimento «ilegal» de falsas traballadoras e traballadores autónomos de Servicarne que traballaban para matadoiros de Coren, Frigolouro, Grupo SADA e Novafrigsa. O sindicato afirma que esas medidas se adoptaron tras unha resolución da Inspección de Traballo que obrigaba a Servicarne, que opera como falsa cooperativa, a dar de alta no réxime xeral a todos os falsos autónomos.

29/05/2018.
CCOO denuncia que na provincia de Ourense hai máis de 800 falsos autónomos no sector cárnico

CCOO denuncia que na provincia de Ourense hai máis de 800 falsos autónomos no sector cárnico

A denuncia de CCOO contra Servicarne é parte dunha campaña de alcance estatal que o sindicato emprendeu o pasado mes de decembro contra diferentes cooperativas de traballo autónomo que Comisións Obreiras considera que cometen fraude ?trataríase de falsos autónomos? e competencia desleal, especialmente no sector cárnico.Segundo o secretario xeral de CCOO-Industria, Víctor Ledo, «Coren, Frigolouro, Grupo SADA e Novafrigsa estanlles mentindo aos traballadores que teñen como falsos autónomos». Así mesmo, criticou que as empresas están dando de baixa os afectados sen lles dar información e denunciou que o fan porque «non están de acordo coa resolución da Inspección de Traballo, polo que é unha medida totalmente ilegal».As diferentes caras da fraudeGrazas ao labor sindical, a Inspección de Traballo actuou para combater unha fraude que ten múltiplas vertentes. En primeiro lugar, os prexuízos laborais, pois os falsos autónomos non teñen dereito á sindicación ?teoricamente non son asalariados?, tampouco á negociación colectiva ?non se rexen por un convenio, senón por contratos mercantís? e carecen adoito de información ou formación axeitada canto á prevención de riscos laborais.Tamén están os prexuízos económicos. Partindo dos datos que unha das empresas mencionadas, Frigolouro, lle facilitou á Inspección de Traballo ?novamente, tras unha denuncia de Comisións Obreiras?, CCOO calcula que este colectivo cotiza aproximadamente a metade do que os seus equivalentes da empresa principal.Á parte do prexuízo da cotización inferior ?a base mínima para os autónomos é de case 920 euros mensuais?, cómpre lembrar que os falsos autónomos deben facer fronte aos 275 euros mensuais da cota que aboan á Seguridade Social, que se detrae do seu «soldo», custo que asumen as empresas no caso do persoal asalariado. Esta situación, amais de inxusta para o colectivo afectado, constitúe un quebranto ás contas públicas ao se producir unha infracotización á Seguridade Social que CCOO cifra nuns sesenta millóns de euros anuais.Asembleas informativasCCOO-Industria está a realizar asembleas nas localidades onde máis peso teñen os falsos autónomos de Servicarne, co obxectivo de que coñezan os seus dereitos. Precisamente, onte mesmo houbo unha no salón de actos do edificio sindical de Ourense. «Deben saber que teñen que ser dados de alta no réxime xeral da Seguridade Social, que deben cotizar nesta modalidade, que teñen dereito a reclamar os custos que lles supuxo ser autónomos cando debían ser asalariados ou que lles recoñezan a súa categoría profesional dentro do convenio de aplicación e a antigüidade na empresa», explicou Ledo.